lunes, 15 de octubre de 2007

De como desarmar a unha nai e outras historias

Eu tiña un día malo, ou un mal momento dentro do día, a Z. fixo algo, ou non o fixo como debería, ou simplemente non o fixo e a miña cara denotaba o meu estado de crispación... foi a primeira vez quo mo dixo: pegou a súa cara á miña puxo un sorriso expectante, díxome oooola, mamáaa cun tono suave e sutil, e a continueción aloumiñoume a cara e dixo: "ta fadada?".
Plof, adeus enfado, como me vou enfadar con esa cariña, tiven un mal momento, sei que teño moitos, e síntoo, pero intentarei que me pasen axiña. Grazas, filla.

E onte o avó usaba unha desas artimañas que todos coñecemos para intentar quwe os nenos coman TODO. O iogur estaba enriba da mesiña do salón e o avó puxo unha voz grave ó tempo que dicía algo así como: "Que rico o iogur, que o vou comer eu todoooooo!". A Z. quedou seria mirándoo fixamente, incluso pensamos que se asustara e estaba agardando outro xesto para saber como reacionar. Entón achegouse á mesa, colleu o iogur e... deullo ó avó. Claro, el con tantas ganas do iogur,... jeje

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir