jueves, 25 de octubre de 2007

Adaptarse ou desistir

Sabía que algún día me tecería uns, e sabendo que en breve imos de viaxe a Noruega, tamén souben que ese momento era agora.

Fun á tenda de las, merquei a la, as agullas e dispúxenme a tecer... peeeero o punto quedaba demasiado frouxo (son eu a única que sempre atopa peros?) así que decidín voltar á tenda a cambiar as dobres puntas do 4 polo 3 e medio... e alí atopei o meu atranco: non había. Había do 3 e do 4, pero do 3´5 nin unha, e como o último pedido o recibiu este venres aínda ían tardar polo menos 15 días en chegar.

A única tenda de las onde teñen dobres puntas e circulares (a realidade é que as outras tendas non son de las, son de acrílicos), se agardo 15 días non me da tempo xa a facer os meus mitóns,... saín da tenda e polo camiño ía pensando posibilidades: mercalas noutra cidade, encargalas por inet e pagar os portes desorbitados para un artígo tan ridículo,... dei volta e merquei as agullas do 3.

Estou machacando os pulsos de tan apretadiño que me queda, pero eu véxoo ben, xa veremos cando remate se digo o mesmo.

Velaquí os meus Dashing en camiño (seguro que se vían mellor de día, por moi mala que sexa a cámara, pero é o que ten trasnoitar).




E o mellor é que son os meus primeiros ¿oitos?, ¿cables? (isto de reaprender en inglés... non sei como se chama nada en castelán ou galego) e pensei que eran máis complicados, co lucidos que quedan. O que creo é que teño que traballar máis frouxo o primeiro punto cando teño os puntos noutra agulla porque o deixei pegadiño e fai moito relieve, faise así?

Gústame descubrir que sei facer máis cousas, e descubrir que as aprendo a facer eu soa aínda máis.


Por certo, que a Z. pediume teta na tenda da segunda vez que fomos e me encantou escoitar un par de avoíñas dicir que o seu tomara ata moi grande de postre, e que a outra lle trababa... pero todos, todos, foron comentarios bos. Que boa xente a tecelá :-)

4 comentarios:

  1. Lo de la terminología del punto en castellano es un follón, porque según dónde vivas se dice de una manera u otra. De todas formas mi abuela siempre los ha llamado "ochos" y ella es la experta, no? ;)
    Te vas a Noruega? yo me quiero ir este verano, ya me dirás qué tal.

    ResponderEliminar
  2. Si, me voy en un par de semanas!! Tengo unas ganas!! (mi bolsillo no tanto, ya os contaré, ya...)

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén os chamei sempre "ochos" así que supoño que serán oitos :o), e o do relieve, pois é como che guste...
    Que listiña me é a tartaruga :o)!!!

    ResponderEliminar
  4. Ía quitar o cerebro abyecto, pero se vas poñelo sempre nos comentarios case me fai máis gracia deixalo, igual algún día se decide a escribir algunha palabra interesante

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir