martes, 11 de septiembre de 2007

Viaxe a Santiago

Xa chegamos, sigo sen internete, pero vou escribir a crónica igualmente para darvos as grazas por crear unha viaxe a Santiago so para que eu fora, por fin, buscar o paquete que lle merquei a aquela rapaza hai case un ano (ou sen case). A verdade e que non saiu de todo ben, e dame mágoa que vos desedes o palizón se marchastes con mal sabor de boca, pero a min sempre me presta estar con vós. Grazas, de verdade, moitas grazas.

A viaxe foi un pouco accidentada pola nosa parte, saín coa Z. pola mañá, quería coller o paquete pola mañá e ir a Decathlon a botar unha ollada, e tiven sorte de que estivera na entrada porque se non non chego nin de coña. Paramos xa alí en canto chegamos e demos un paseo, sen poder mirar nada porque a Z. descubriu o expositor das pelotas e pasamos alí toooodo o tempo, pero é certo que as cousas son bonitas e ben de prezo, seguro que facemos outra visita en canto se nos acaben os zapatos, agora estamos recén ben servidos. Case non podemos sair da tenda porque algo pitaba, non era nada que mercaramos, nin que roubaramos, nin sequera unha etiqueta que collera a Z., fomos descartando cousa por cousa, o carriño non, eu non, a compra non, a Z… si. Un zapato da Z. que era novo aínda ía imantado así que botamos un bo cacho ata averiagualo e o tío non estaba moi convencido de que non fosen da tenda.

Por fin saímos e chamamos á rapaza do paquete, que quería marchar á praia ás dúas, e por pouco non a vemos porque nos ía dando as indicacións con contagotas e non eran moi claras que digamos. Perdinme unha vez, pero decateime axiña de que me trabucara e dei volta de novo ata atopar o camiño, nese intre a Z. quedou durmida e cando chegamos onde a rapaza non podiamos baixar do coche, así que falamos 15 minutiños na rúa e despedímonos dun xeito un pouco brusco cun tío extraño que empezaba a achegarse a nós para facerlle carantoñas á súa nena. Por fin tiña o paquete, xa non hai máis excusas para ir a Santiago (ai, si, que temos reunión, ou non é en Santiago?). Agora so falta decidir que facemos co "paquete".

Quedara coa familia C-A (Carolo-Aivou, ou outra cousa que tamén queda ben, jeje, que chachi me quedou, non?) no parking da praza de Galicia. Esta vez cheguei sen problema e xuntámonos por fin para ir comer. Creo que aquí foi onde estivo o quid da cuestión-viaxe. Fomos comer un kebap, pero o sitio fervía, facía tanta calor que agradecemos sair (a pesar de que antes de entrar me daba a sensación de que me ía cocer pola rúa)...


... continuará

1 comentario:

  1. A familia C&A non se levou mal sabor de boca, ás veces as viaxes son así e a culpa era toda miña por levar moitos días durmindo pouco, pintando, subindo peso do garaxe á bufarda e montando mobles... así non hai quen me ature.
    Veña, un biquiño, mola andar por Santiago, va que sí?

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir