domingo, 2 de septiembre de 2007

A radio e o Moucho. As gafas do Carolo.

Prometín contarvos a historia da radio e o Moucho, pois aí a vai:

Os Tartarouchos tiñamos unha radio no coche, normal, nin moi boa nin moi mala, a que viña de serie, vaia, con cd e pouco máis. A radio xa levaba tempo funcionando tarde, mal e arrastro, eu diría que máis dun ano; e cando lle petaba dáballe por non ler os compactos, pero normalmente era suficiente con darlle durante uns segundiños a pasar cancións e recoñecíaos de novo. O caso é que un día dixo que non, que se negaba en redondo a dar máis voltas ós redondos e dende aquela xa so nos contaba cousas pola radio... Intentamos adaptarnos, pero a Z. non lle gustaba ir de viaxe sen Mamá Cabra, así que decidimos que había que voltar a poñer cedés de novo.
Pero no canto de mercar directamente un aparello que funcionase e sustituilo polo vello, ó Moucho entroulle un deses ataques de "isto amañaríao calquera home", e púxose a amañar a radio querendo ignorar o feito tan sabido de que un moucho é un moucho (ou un bufo? ;-) ), e non un home. Así que se dispuxo a destripar á pobre radio para atopar "o fallo" a pesar de non saber cómo é unha radio "sa". Desmontouna todiña, mirouna ben, pasoulle ó dedo á lente (si, a que pon, ¡¡¡No tocar!!!) para limpala e decidiu que non atopaba nada fora de lugar, así que volveuna montar... pero sobráronlle 9 parafusos. Jeje, si, nin 1 nin 2, ¡9! Veu cara min todo convencido e díxome: "Xa a montei porque non lle vin nada raro agás que traía 9 parafusos de máis." E un sorriso consciente. "¿E funciona?" pregunteille. "Non sei, aínda non a probei." Pouco despois vin a súa cara de decepción mentres fozaba coas conexións, pero foi xa de noite cando me dixo: "Claro! Como ía funcionar se so conectei a antena!! Mañá póñoa ben."

Ó día seguinte avisoume de que tiñamos moita sorte... "se a radio non chega a ter ese fusible que estoupou ó conectala, igual nos arde o coche."



E agora, co permiso do seu protagonista, teño o pracer de presentarvos a nosa dor de mandíbulas do venres a mediodía mentres xantabamos kebap:

Os anteollos do Carolo

Era unha noite, despois das festas dalgún santo (sería Xoán?) nalgures. Parece ser que nestas festas hai un espectáculo pirotécnico con petardos, pólvora e demáis "estoupables" e por mor desta celebración o pobre Carolo ía cara casa cos seus anteollos salpicadas por 3 puntiños negros nun dos cristais, restos de metralla. Imaxinade o incómodo que é pasar a noite vendo uns manchóns por un dos ollos... (para os que non usedes anteollos direivos que é unha das sensacións máis incómodas que existen case a diario). Imaxinade ó Carolo polo camiño a casa sen poder quitarse de diante eses molestos puntiños (despois de intentalo, imaxino, con varias camisolas) e pensando en entrar pola porta e poder limpar os seus lentes en condicións...

E por fin chegou a casa!! e limpounas... ¿sabedes con que? Cun ESTROPALLO!!!!!!!!

Di o Carolo na súa defensa, que non estaba especialmente perxudicado polas festas e que a única razón foi que "é unha desas cousas que fas sen pensar" (menos mal! jeje).
Conta que antes de poñelos xa se decatara de que non fora unha boa idea, e que as mulleres que o atenderon na óptica o miraban con cara rara cando lles explicaba como pasara...



Agardo que vos gustaran os contiños tanto coma a min.

Un bico para os protagonistas, que ben o merecen polo que nos fixeron rir, e por todo o demáis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir