lunes, 3 de septiembre de 2007

Grima

Veña, esta é para que participedes todos nos comentarios, que non o consigo.

¿Que vos da grima?

A min raspar o fondo dunha pota cunha culler.

8 comentarios:

  1. Pois a min dame grima cando o Carolo (ou calquera outra persoa) estalla os dedos ("sacarse las tabas" que se di na miña terra). Creo que calquera outra parte do corpo tamén me da grima (Carolo di que é bo para os nocellos) pero os dedos... aissssssssssssss

    ResponderEliminar
  2. Aí van as miñas grimas favoritas en orde de máis a menos horror.

    1º Morder o pau dun polo (xeado, non de coren).
    2º Morder un garfo, se e metálico. (Agora que me dou conta, se é de madeira, tipo pau de polo, non me dá grima ningunha... Que cousas ten a mente humana!)

    ResponderEliminar
  3. Unha cousa máis. Na miña casa para dicir que algo nos daba grima diciamos que facía rinchar os dentes.

    ResponderEliminar
  4. E que pasa coas expresións ou palabr@s que da grima oír/ler? Un compañeiro meu do traballo ponse malo cada vez que oe "cambiar o chip". A min rínchanme os dentes se oio "inconvinte", por exemplo.

    ResponderEliminar
  5. Pois rinchar os dentes debe de ser o equivalente o castelanísimo: dar dentera :o)

    ResponderEliminar
  6. Grazas polas grimas todas. Sei a sensación á que te refires co das grimas léxicas, pero debe ser que non traballo con palabras, que agora mesmo non se me ocorre ningunha.
    Na miñs casa falábase en castelán, pero tamén hai rechinar los dientes, ou será unha mala tradución desas tipo El niño de la Guía?

    ResponderEliminar
  7. Pois a Calvi dálle grima atopar e morder area na boca, cando está a comer claro :O)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir