martes, 21 de agosto de 2007

Os nenés

A pesar de que eu nunca fun partidaria (porque a min non me gustaban) das bonecas, á Z. encántanlle os "nenés". Últimamente xa non toman so da miña teta, senón tamén da súa, está obsesionada cos seus choros, pero sempre os consola colléndoos no colo e arrolándoos e dándolles bicos, cámbialles o cu porque teñen "canta caca!!! Dios mío, aghhh".
Pero a súa obsesión (que xa ven de tempo atrás) non se reduce ós seus nenés de plástico e a pasealos na súa silliña de plástico... Hoxe veu Loli con Iván por casa e tivemos serios problemas para intentar falar cando chegou e o neno choraba, porque a Z. choraba máis ca el, con bágoas como non chora nunca por outra cousa, desesperada por collelo e por algo que quixo dicirme e eu non alcancei a comprender... pobre, que impotencia sentín eu, imaxino como sería a súa. O cadro á hora de marchar repetiuse e seguín sen poder aplacar os seus choros de maneira ningunha, nin o papá a puido calmar ata pasado un rato. Dixo tamén un pouco antes algo do "millo", que normalmente era un "homiño" de plástico de facer formas na area, pero esta vez era algo referente ó neno, e non souben descifralo a tempo... que mal sabor de boca deixa...
Houbo tamén un momento, mentres miraba a Iván (con gran semellanza a seu pai, que lembramos que acaba de deixalos) e lle aloumiñaba nunha man, no que de súpeto fixo unha frase que rematou en "Maco", ou Marco, vaia. Ata Loli se decatou mentres nós tratabamos de agachalo. Non sei se o relacionou con Loli (que xa levaba na casa máis de dúas horas) ou con Iván... pero foi curioso e sorprendente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir