sábado, 18 de agosto de 2007

O cumpre do X.



A Z. e máis eu vimos de pasar un par de días xeniais na casa de ... Aivou (gústache así ou cámbioo, Aivou? ;-P) celebrando o cumpreanos do seu fillo X. A Z. pasouno pipa coa S., irmá do X.; cos centos de animais de prástico, sobre todo o elefante que facía ruido; descubriu que ademáis de teta os seus "nenés" tamén poden tomar comida cunha culleriña; pintou o chan con xices (se é este o plural de xiz...) xigantes; fixo flanes coa area do areeiro, que ela chamou repetidamente praia; abriu e pechou a porta e as ventás da casiña do xardín decenas de veces; falou cun caracol; marabillouse coas luces de cores da festa e os cabaliños; durmiuse vendo os foguetes de fin de festa (e incríblemente non espertou ata as 4 da mañá, cando eu me metín con ela na cama que nos cedeu amablemente a S.); deulle mimiños ó gato Romano e perseguiu ó seu namorado Carolo chamándoo e aproveitándose do seu colo.

En canto a min... tamén gocei, esta vez non me quedou esa sensación de interruptus que tiña sempre, con falta de tempo para falar, pero tería quedado sen problema outra semaniña para alargar as vacacións, mágoa que o Mouchiño estea traballando.

O X. pasouno tan ben que durmiu a "resaca" do cumpreanos ata a unha do mediodía.

Quérovos, familia. Grazas polo tempo que pasamos (e polos cartos e a roupa que levamos ;-P).

1 comentario:

  1. Gústame así :o)... veño de descargar as fotos da cámara do X. e ver á Z. regando ó caracol col col e mirando o contido da piñata "caiu, caiu!!!", :o)
    Grazas a vos
    :******

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir