martes, 14 de agosto de 2007

Malgastada oportunidade

Pasou hoxe pola mañá, aviso que o tema é un pouco escatolóxico.
Estaba almorzando os meus cereais con leite sentada diante do ordenador coa Z. no colo e veume un apretón dos case incontenibles, díxenlle que ía o baño e marchei, pero non se conformou e baixou chorando da silla para vir ó baño onda min, e colleu un adaptador para o báter? váter? wc que merquei nunha oferta do lidl hai unhas semanas. Berrábame PISSSSS, PISSSSSS!! E así non hai quen se concentre, así que decidín concederlle un capricho duns segundos pensando que ben podería seguir eu despois con máis tranquilidade. Digo capricho porque con 19 meses nin se me pasa pola cabeza que vaia deixar os cueiros.
O caso é que lle baixei os pantalóns e lle quitei o cueiro e senteina alí, e como estamos na étapa da imitación continua, ata isto lle gusta imitar, sentouse, mellor dito senteina, e comezou a dicir pisss moi suavemente e cun sorriso na boca. Mentres eu decatábame de que non podería aguantar moito máis e intentaba visualizar outras opcións... se subo ó baño de arriba... se a puxera dende un principio nun dos baños darriba e eu me puxera noutro... se houbese dous "cagadoiros" por baño... se tivese mercado un penico no canto do adaptador este dos collóns!!! Xa non aguantei máis, quiteina, quitei o cacharro e púxena no chan cos pantalóns nos nocellos e senteime axiña... Non me dera tempo de comezar co meu cando vexo saír o chorro...

Milagreiramente non se mollou (quen dixo que as nenas mexaban cara abaixo?) pero eu sentín que lle fallara e que perdera a oportunidade de facelo ben e sabelo.

Seguramente foi casualidade e non lle vai afetar o máis mínimo, pero sinto que lle fallei... cousas de nais, supoño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir