viernes, 31 de agosto de 2007

Finde de celebracións

Pasan en tan pouco tempo tantas cousas que non da tempo a lembralas. Debería escribilas en dous minutos, no momento, pero sempre confío na miña memoria que me traiciona unha e outra vez... e non aprendo.

A fin de semana fomos visitar ós avós. Houbo moitas celebracións: cos avós Mouchos celebramos os seus 40 anos de casados, fomos xantar fora e eu comín unha filloa con xeado e chocolate quente... mmmmmm. Despois quedei pensando que todos os xeados eran de Nestle e sentinme mal por comela, pero xa estaba feito. Marchamos o sábado a casa dos avós Tartarugas sen avisar e debeu ser a única vez en anos que saen a algures, chegaron ás 3 da mañá, así que non nos vimos ata o día seguinte. A Z. tivo un momento na cama que nos fixo rir un bo rato: non tiña sono e daba voltas e voltas por riba nosa, e coas súas uñas sen cortar (foi imposible) nunha das patadas doeume, así que queixeime: Auuu, que me mancas!!! E a Z. respostou cunha tranquilidade pasmosa: Pupa? A vé, que pasou? Supoño que é o que dicimos nós, pero impacta escoitalo con ese xesto "xa está a queixarse outra vez... voulle facer un pouco de caso".
O domingo celebramos o cumpreanos da bisavoa M. que está espectacular.

A "potopa" ás veces xa é unha "palota" e ata os "ninicos" ás veces asemellan coelliños, esta medrando esta pequena...

...tanto que nunha semana todos os zapatos lle quedaron pequenos. Mercamos uns pisamerdas para saír do paso, pero aínda necesitaremos algo máis e estamos en mal tempo... de verán non, pero de inverno tampouco... que lío.

Esta finde que ven teremos asemblea de Bdl, así que invadiremos a casa de Aivou para volver atacar os bichos de prástico, e a poder ser, a piscina, jeje.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir