martes, 17 de julio de 2007

Indo de viaxe

Os Tartarouchos fomos de viaxe esta finde, compartimos coche cunha familia amiga, ou mellor dito eles compartiron o coche connosco (o coche era deles, jeje). A Z. foi durmindo case todo o camiño grazas a teta e a flexibilidade da súa nai para poñerse nas posturas máis inverosímiles encaramada na silla esa elevada na que ía... non sei se vos facedes unha idea, pero menos mal que os cristais do coche eran tintados, e me librei das miradas e comentarios dos demáis coches... ata é posible que se evitara así algún accidente ;-)
Ademáis do Moucho, a Z. e máis eu, viñan no coche a miña amiga C. e os seus fillos o X. e a S. de case 7 e 4 anos respectivamente. Do máis ocorrentes, jeje: rifaronlle ó Moucho polo camiño por ir comendo e conducindo ó mesmo tempo "non sabes que para conducir hai que usar as dúas mans?".
O mellor foi a S.:
"Ei!!! Moucho!!! Ei, ei, ei, Moucho!! Atopeite!!!" E sinalaba a ilustración dun moucho nun libro :-)

Foi unha finde moi ben aproveitada: a C. e máis eu descubrimos músculos que non existen para mover partes do corpo inamovibles, fixemos un taller de danza do ventre, encantounos; o Moucho montou e desmontou tendas e acompañou a Z. que pasou dous días das ovellas ós cabalos e dos cabalos ás ovellas; e o X. e a S. fixeron tartarugas de barro, velas de cera, bañáronse no río, pintaron a cara... e todos nos escorremos pola noite nos sacos pola pendente do campiño onde estaba a tenda.

Pasámolo moi ben e acabamos rendidos... o Moucho quere mercar unha tenda para ir de acampada máis veces :-)

2 comentarios:

  1. Ola Tartarouchiña!!

    Xa me tedes de seguidora das vosas aventuras... E non é que aquí faga moita calor, é que somos unhas valientes ;)

    ResponderEliminar
  2. Que sorte poder ir de viaxe cos tartarouchos!, grazas :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir